Disney, News Corp., NBC Universal, CBS, Viacom e Microsoft xuntáronse nun grupo para combatir de xeito conxunto a piratería na Internet e aplicar medidas contra a infracción de dereitos de autor sobre contidos audiovisuais, o que podería supor un grande problema para Google, xa que YouTube é a plataforma na Rede na que máis se violan os dereitos de autor, aínda que esta mesma semana estreou unha tecnoloxía para axudar á eliminación de contidos que non respecten o copyright.
A industria audiovisual se atopa nun momento de crise, comezando a reaccionar, de xeito que nos EE.UU. a meirande parte das canles de televisión xa permiten seguir as súas series de ficción pola Rede, mentres que os contidos non paran de chegar a YouTube, situación que tampouco é allea ás compañías que comercializan conexións de banda larga (que ven medrar a súa demanda grazas á proliferación do vídeo).
Empresas do audiovisual e Microsoft alíanse contra a piratería na Internet
Compartir Este Artigo

