Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Café Casino de Santiago acolleu a presentación da Semana da Ciencia e dos seus novos formatos expresivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O Café Casino de Santiago acolleu a presentación da Semana da Ciencia e dos seus novos formatos expresivos

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/11/2007
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

semana_ciencia_presentacion.jpgA Semana da Ciencia vén este ano con novidades, tanto no fondo (o tema) como na feitura. Algo deste espírito renovador xa se puído ver este luns día 5 pola mañá, no Café Casino de Santiago, onde a Dirección Xeral de I+D (coordinadora das actividades) compartiu o labor de presentación oficial destes eventos con tres actrices integrantes do grupo de teatro Chévere que, tanto no falar coma na vestimenta, remitiron ós medios de comunicación a unha época en que os científicos pisaban xusto os mesmos escenarios cós artistas para dar a coñecer os seus achados. Con este lema non oficial de facer da ciencia un pouco de teatro (e viceversa), a Semana vén en 2007 un pouco máis cargada de participación e de actividades ca en anos anteriores. Serán uns cen eventos diferentes organizados por medio centenar de entidades e a desenvolver de hoxe ata o día 18.
Entre os actos máis salientables está a escenificación da peza Alá no fondo hai sitio abondo do grupo Chévere, “unha aproximación ó mundo da nanotecnoloxía”.
A xuízo da agrupación (representada tamén no Café Casino por Xesús Ron) estaríamos perante unha obra anovadora pola temática tratada (a nanotecnoloxía, que é a ciencia do miúdo) e polo que pode representar no eido da divulgación galega, onde é moi probable que sobren os dedos dunha man para contabilizar iniciativas artístico-científicas.
Segundo Xesús Ron, a peza Alá no fondo hai sitio abondo non só abriría novos camiños expresivos no teatro galego senón tamén nas propias canles de comunicación que unen á comunidade científica co resto da sociedade, canles que fican hoxe en día atoradas por algunha que outra complexidade lingüística e unha vontade de entendemento mutuo que foi perdendo pulo.
Sinalar ademais que a obra non se representará en teatros, senón en museos galegos e está especialmente dirixida a nenos (de 8 a 11 anos) coas súas familias. A idea básica é dar a coñecer a nanociencia, que é unha disciplina que está a revolucionar o eido da investigación e á mesma sociedade en xeral, afectando a múltiples materias. “A obra”, dixo Xesús Ron, “é un convite a entender que sempre hai máis do que vemos a simple vista, e que alá no fondo da habitación hai unha chea de posibilidades”.
A estrea é na Coruña, na Casa das Ciencias, este 10 de novembro. Logo comezará a xira por Lugo, Vigo e Ourense.
Múltiples temas e feituras
A Semana da Ciencia 2007 (un evento celebrado a nivel europeo) inclúe catorce días de obradoiros, mesas redondas, ciclos de cine, xornadas e exposicións. As temáticas das actividades celebradas en Galiza serán variadas tanto como pode selo a investigación en si mesma: novas tecnoloxías da información, medicina, fisioloxía, matemáticas, arte, arqueoloxía, ecoloxía, medio ambiente, bioloxía, química, emprendemento, agricultura. A Semana forma parte do programa Diverciencia da Consellería de Innovación a través da Dirección Xeral de I+D e para este ano inclúe un orzamento de un millón de euros.
Como dixemos, o principal obxectivo da Semana é poñer á investigación un pouco máis preto da cidadanía, abrindo se é preciso as portas dos escenarios onde aquela se leva a cabo, informando á sociedade dos logros da ciencia e de cómo unha boa cantidade deses logros de onte son responsables da calidade de vida acadada hoxe.
Nela participarán todo tipo de entidades, como universidades, administracións públicas, asociacións e centros tecnolóxicos. No eido da Sociedade da Información (que é o que nos ocupa principalmente neste medio) a listaxe de eventos é ampla, sendo o Concello de Sada un dos divulgadores máis activos. Así, está programado para o día 9 na Oficina da Xuventude un Seminario sobre novas tecnoloxías chamado Internet e a vida cotiá e na sala de exposicións da Casa da Cultura Pintor Llorens (do 5 ó 18) a mostra A ciencia e a tecnoloxía: unha cousa de todos e todas.
Asemade, a Fundación Ferrol Metrópoli organiza o 13 novembro en FIMO (Ferrol) un obradoiro sobre novas tecnoloxías, e a Fundación Universidade de Vigo desenvolve do 13 ó 16 no Seminario de Ciencia de Materiais uns Obradoiros de emprendemento tecnolóxico. A Tecnópole de Ourense non vai ficar á marxe do amplo programa de actividades, e en relación coas ferramentas do coñecemento cómpre salientar a súa Ginkana Dixital, que se vai celebrar no Auditorio de Ourense do 29 de novembro ó 1 de decembro e que “consiste na participación por grupos de estudantes que terán que superar unhas cuestións baseadas en coñecementos científicos e tecnolóxicos para poder acceder ó seguinte nivel”.
No que respecta ás exposicións, tamén cómpre destacar a que desenvolve a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galiza-Norte de Portugal (CEER) en Compostela (na Facultade de Historia), A Coruña (Dereito), Vigo (Enxeñería Industrial), Pontevedra (Belas Artes) e Lugo (Administración e Dirección de Empresas) e que se basea nunha mostra virtual dos recursos museísticos dixitalizados máis sobranceiros dentro das seis universidades públicas de Galiza e do Norte de Portugal.
Mostras móbiles
Durante a presentación do programa de actos da Semana da Ciencia no Café Casino de Santiago, o director xeral de I+D (Salustiano Mato) tamén quixo destacar as exposicións Areeiro: 25 anos contribuíndo ó agro (coa que a Estación de Fitopatoloxía de Areeiro celebra o seu 25 aniversario) e máis Coñecer para protexer: especies ameazadas da flora e da fauna de Galiza que organiza o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago (USC).
Asemade, a Dirección Xeral fixo fincapé noutra novidade incluída nesta edición 2007 da Semana da Ciencia: a aposta cada vez máis decidida por saírlle ó paso á sociedade. Así, é posible ver cómo a algunhas das actividades (coloquialmente falando) lles saen rodas, seguindo ese espírito dos organizadores de non agardar a que a sociedade enteira veña á investigación, senón percorrendo de antemán ese camiño. Esa é vontade por exemplo de Circuíto xurídico da Universidade da Coruña, na que un autobús que tamén é unha aula percorrerá durante seis días diferentes localidade galegas co fin de suscitar o debate arredor das ligazóns entre ciencia e dereito e dos temas de actualidade nos que converxen.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?