A taiwanesa Asustek presentou o Asus Eco Book, que é un portátil cunha carcasa elaborada con tiras de bambú laminadas de xeito que sería máis ecolóxico que os equipos con cubertas de plástico e metal.
O equipo aínda é un prototipo, pero a resistencia do bambú podería ser ideal para o seu uso en ordenadores, xa que ten unha resistencia elevada, pero na actualidade están a estudar se poderá soportar condicións extremas como as causadas polas elevadas temperaturas que acadan os microprocesadores e as pantallas.
Deixando o coidado da natureza a un lado, a incorporación de carcasas cada vez máis orixinais axuda considerablemente ás vendas, pois os usuarios queren fuxir da homoxeneización dos equipos e se senten atraídos por terminais curiosos, como foron os portátiles forrados con pel de vacún ou con pel de caimán de imitación, que foron moi populares en 2006.
Asus presenta un portátil de bambú
Compartir Este Artigo

