
Para continuar na vangarda tecnolóxica, Dygra entra agora no Cine Dixital 3D coa produción da súa cuarta longametraxe, Noche ¿de Paz?, continuando a utilizar estas tecnoloxías no futuro, seguindo os pasos dos grandes estudos coma Dreamworks ou Disney.
Kinépolis e os laboratorios Dolby apoian a Dygra Films no uso do sistema Digital 3D, que permite que o espectador reciba 2 imaxes dixitais ó mesmo tempo (unha para cada ollo) grazas a unhas gafas especiais de xeito que se percibe unha imaxe tridimensional que «supón a vindeira grande revolución do cine» segundo palabras de Manolo Gómez, que asegura que «o ano chave para o despegue será 2009».
A protección dos bosques será o eixe da campaña de sensibilización que desenvolverá Dygra durante 2008 xunto con diferentes institucións, asociacións ecoloxistas e medios de comunicación. A campaña contará coa presenza dos protagonistas da nova longametraxe do estudo, Espírito do Bosque, que se estreará en 2008.
A campaña tamén mira polo compromiso das institucións en materia de protección dos bosques, vindo a primeira iniciativa da man da Xunta de Galicia, aínda que finalmente parece que a propia TVE se implicará na campaña de sensibilización sobre a protección das árbores.
Dygra Films celebra o seu 20 aniversario con cine 3D e a protección do medio ambiente
Compartir Este Artigo

