
O trebello permite o acceso a un catálogo duns 20.000 títulos de estudios coma Wicked Pictures, e para facerse con el hai que pagar unha cota de subscrición mensual de 10 dólares. Non conta con disco duro, de xeito que os contidos se transmiten ó mesmo mediante streaming de 1,5 Mbps, 1,1 Mbps ou 700 Kbps (segundo a velocidade á Internet coa que conte o usuario). O FyreTV tamén permite elixir entre relacións de aspecto 4:3 ou 16:9 e conta con saídas de vídeo HDMI, S-Video, por compoñentes e vídeo composto.
FyreTV permite navegar entre o seu extenso catálogo mediante categorías, palabras chave ou un buscador, así como presenta as distintas escenas dos títulos subministrados. Os usuarios tamén poden engadir os clips atopados á súa lista de reprodución, de xeito que tanto poden ver películas enteiras ou só as súas escenas favoritas.
Ata o momento FyreTV conta con 5.000 usuarios de proba, e agardan duplicar a súa base de beta testers antes do seu lanzamento oficial a finais de xaneiro ou principios de febreiro.
FyreTV, o receptor de películas pornográficas por streaming
Compartir Este Artigo

