Un dos principais atractivos do Mobile World Congress de Barcelona é poder botar unha ollada á plataforma Android promovida por Google en prototipos operativos. As miradas apuntaron atentamente ó terminal de ARM Holdings que se puido ver durante o Congreso, e que contaba cunha versión do sistema da Open Handset Alliance funcionado nun dispositivo baseado nun procesador ARM9 e que incluía un teclado QWERTY, cunha aparencia semellante á dun móbil Blackberry.
O móbil presenta un menú semellante ó de calquera outro terminal baseado en Windows Mobile, pero neste caso se trata dun dispositivo baseado en Linux que busca consolidar unha plataforma alternativa común para moitos fabricantes.
Amosan un móbil con Android en Barcelona
Compartir Este Artigo

