
As descargas de iTunes contan con dous factores que fan que a súa calidade diste dun disco Blu-ray ou dun HD DVD, como son a súa resolución (só 1.280 x 720, fronte ós 1.920 x 1.080 dos vídeos en discos ópticos) e a súa compresión (os vídeos reducen moito o seu tamaño para acelerar a súa descarga).
Distintas comparativas deixan claro que un vídeo de alta definición moi comprimido dá unha calidade inferior a un vídeo en definición estándar, polo que o prezo que se paga por algúns contidos que presentan as letras HD coma unha grande vantaxe podería non estar xustificado.
No tocante ás descargas de iTunes, os ficheiros estándar presentan unha calidade inferior á do DVD, mentres que os de HD superan lixeiramente a este último, pero quedan bastante por debaixo de discos Blu-ray. Os máis críticos tamén sosteñen que a resolución destes vídeos non son alta definición auténtica.
Para poder ver unha comparativa exhaustiva de calidades, en iLounge publican unha serie de capturas da mesma película en distintas plataformas para ver as diferentes calidades, demostrándose que a resolución non o é todo, e dando a entender que no futuro teremos que ter moito tino ó analizar as ofertas de alta definición que chegarán ó mercado, ante a posibilidade de que se fale de alta definición só ó superar a definición estándar.
Alertan da pouca calidade dos vídeos en alta definición en iTunes
Compartir Este Artigo

