Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En 2007 vendéronse máis de 1.000 millóns de móbiles no mundo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Telefonía

En 2007 vendéronse máis de 1.000 millóns de móbiles no mundo

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/02/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mobiles_vendas.jpgDicir que a industria dos móbiles está a vivir un bo momento e que seguirá a facelo non é precisamente amosar grandes dotes de adiviñación. Polo menos, non máis dotes ca un recoñecido bruxo que dixo que o século XXI ía ser un século de violencia e maldade. Porén, e volvendo ó tema dos teléfonos, nunca está de máis que veña un estudo e nos disipe as posibles dúbidas sobre o seu éxito no mundo, dúbidas que teñen que ver co seguinte: se todos temos xa móbil, poderá seguir medrando a industria que os fabrica? Pois ben, si que pode, e tanto: en 2007, superou a liña dos 1.000 millóns de trebellos comercializados.
Hai que ter en conta dous detalles. Por unha banda, temos unha febre de renovación nunca vista antes con ningún aparello (case semella que devecemos por que o noso terminal comece a dar problemas, para ter un pretexto axeitado para trocalo por outro). Pola outra, hai un dato salientable no que cómpre deterse: non somos o condenado centro do mundo, e hai países que están en desenvolvemento nos que aínda non se afianzou esta mellora (ou non mellora, depende de como se vexa) na comunicación.
O caso é que eses son (entre outros) os dous grandes motores do tirón dentro do sector, que posibilitou a venda de exactamente 1.150 millóns de móbiles en 2007, segundo di a consultora Gartner, significando esta cifra un aumento do 16% con respecto ós números de 2006.
Os países onde máis se experimentou esta subida foron China e India, dous xigantes que levan ano abríndose paso no mercado de produción e venda de aparellos tecnolóxicos. Polo que respecta a países un pouquiño máis avanzados na cuestión dixital (aínda que nos últimos tempos, China e India xa case se poderían situar entre o máis avanzado), o que máis turra da maquinaria da industria do móbil é a teima dos seus cidadáns polos GPS, as pantallas táctiles ou as cámaras de alta resolución.
No que se refire ó ranking de marcas, na fronte da clasificación segue a estar Nokia, con 435 millóns de terminais vendidos. No segundo posto temos a Samsung, que se fixo cun 13,4% do pastel e no terceiro a Motorola, que vendeu o 11,9% de todo o vendido.
Sexa como sexa e malia estes bos resultados, é de agardar en breve unha certa desaceleración do mercado dos celulares, sobre todo en canto se saturen dunha vez por todas os mercados de EE UU e Europa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Telefonía

WhatsApp facilitará a contratación de tarxetas eSIM de viaxe

27/11/2026
Telefonía

Galicia, á cabeza das comunidades que concentrarán maior número de emprazamentos 5G

17/11/2026
Telefonía

Telefónica deixará de ser a operadora obrigada a prestar o servizo universal de telecomunicacións

06/11/2026
Telefonía

R levará a 5G con Orange a lugares moi illados de Galicia

30/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?