Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade de Vigo colabora nun proxecto de báscula para os controis médicos a distancia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

A Universidade de Vigo colabora nun proxecto de báscula para os controis médicos a distancia

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/02/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

javier_castano_uvigo.jpgEstes días a Universidade de Vigo está a informar dun desenvolvemento tecnolóxico que ben se podería situar no vieiro cada vez máis amplo e concorrido da informática socio-terapéutica. É dicir: aquela que, amais de comunicar ó usuario co mundo, mellora a súa calidade de vida no caso de que teña algunha doenza ou discapacidade que limite a súa mobilidade. Estamos a falar dun proxecto de innovación que, como case todos os desta natureza, benefíciase dun traballo a varias mans. Non en van, une dous mundos: o das tecnoloxías propiamente ditas e o da medicina. O proxecto, no que participan a empresa Wireless Galicia, o Grupo de Tecnoloxías da Información da ETSE de Telecomunicación de Vigo e o Hospital Juan Canalejo da Coruña, está especialmente encamiñado a favorecer a vida dos pacientes con doenzas crónicas.
Isto acádase basicamente grazas ó seguinte: achegándolles controis médicos co emprego dunha báscula conectada ó teléfono móbil a través da transmisión de datos sen fíos, neste caso con tecnoloxía Bluetooth.
A idea consiste en que ó outro estremo desta liña de comunicación a tempo completo estea precisamente un médico, que se dedicará a avaliar os datos achegados polos doentes evitándolles deste xeito a necesidade de ter que desprazarse fisicamente ó centro hospitalario. As bazas do sistema, amais de subministrar a posibilidade de facer a distancia o que levamos facendo toda a vida en persoa (a consulta), son as seguintes: a súa fiabilidade tecnolóxica e o prezo reducido, segundo indican os ditos departamentos responsables do servizo.
Para Francisco Javier González Castaño (na imaxe), coordinador do equipo de traballo que achega a ETSE de Telecomunicación, a cousa está ben clara: “O hospital precisa que se lle garanta a fiabilidade dos datos que recibe, algo que non é posible con outros sistemas. Ademais está o elevado prezo do equipamento de laboratorio que está fóra do alcance das economías domésticas“. Por certo que o seu grupo TIC, neste sistema en concreto, dedícase sobre todo a achegar a súa experiencia con redes sen fíos. Pola contra, o Juan Canalejo acode coa parte médica e Wireless Galicia cos sistemas de interpretación de datos.
Unha das grandes vantaxes do sistema radica en que precisa de elementos de sobra coñecidos por case todos os usuarios potenciais: un móbil e unha báscula. Así, o móbil serviría entre outras cousas para avisar ó enfermo da necesidade de pesarse, poñéndose en marcha a maquinaria de achega de información do servizo. Por certo que a báscula, segundo indican os responsables do proxecto, estará dispoñible no mercado para os doentes crónicos no prazo duns meses, sendo ben probable que se poida adquirir en establecementos convencionais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?