Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Foro da Comunicación e Voluntariado celebra unha xornada presencial logo de meses de traballo na Web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O Foro da Comunicación e Voluntariado celebra unha xornada presencial logo de meses de traballo na Web

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/03/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

voluntariado_prestige2.jpgOs medios de información (en papel e dixitais, pequenos e grandes) e a comunidade educativa xogan un papel fundamental na posta en marcha de calquera convocatoria colectiva de voluntariado. Tendo en conta isto e tendo en conta que estas accións chegan máis lonxe se contan cunha ampla concorrencia, unha situación ideal para quen pon en marcha este tipo de actividades sería a dunha comunicación total cos medios e os ámbitos educativos. Afianzar as ligazóns entre estes eidos é o gran obxectivo do Foro de Comunicación e Voluntariado que chega este sábado 15 de marzo á súa parte presencial (logo dunha primeira parte en liña) e que sen enmarca dentro Seminario Permanente de Xornalismo Social organizado polo Observatorio Galego dos Medios.
Na imaxe, voluntarios recollendo chapapote tralo afundimento do Prestige.
A xornada, que se vai desenvolver na sede da Fundación Caixa Galicia a partir das 10 da mañá, ten (como dixemos) o obxectivo de inverter a situación de déficit informativo das accións voluntarias nos medios. “Malia a importancia que o voluntariado ten no noso entorno”, indica o Observatorio, “semella que a súa presenza mediática está lonxe de dar cabida ós intereses dos colectivos máis desfavorecidos, por iso, o cometido do Foro sobre Comunicación e Voluntariado diríxese a tentar axudar a rachar con esta situación, engadindo algunhas ferramentas máis ás xa existentes para a análise”.
Nesta xornada estarán presentes membros de organizacións de voluntariado como Santiago González Avión da Fundación Secretariado Gitano e Carmen Díaz Simón de Educadores para a Paz; representantes do eido académico como José Antonio López Rey da Universidade da Coruña e Luís Álvarez Pousa docente da Universidade de Santiago de Compostela e director do Observatorio Galego dos Medios; así como os xornalistas María Yáñez, Xaime Leiro (El Correo Gallego) e Víctor Rodríguez (Faro de Vigo).
Os interesados en participar no Foro Internacional de Comunicación e Voluntariado poden confirmar a súa asistencia a través do correo electrónico observatorio@xornalistas.com ou o teléfono 981 936709.
A participación é gratuíta e emitirase un certificado de asistencia con validade curricular.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?