
Os técnicos de Retegal xa colocaron o pasado martes unha nova antena no centro emisor do Pedroso para pór en marcha o servizo, para o que precisaron dunha grúa xigante que colocou a antena na torre a 65 metros de altura.
A demarcación de TDT de Santiago de Compostela tamén comprende ós concellos de Ames, Teo, Padrón, Brión, Negreira, Rois e Vedra, de xeito que se lle dá cobertura a uns 300.000 habitantes; para a emisión dos programas televisivos empregarase o múltiplex correspondente á canle 23 de UHF.
O comezo das emisións de TDT de ámbito local en Compostela fará que Correo TV (pertencente ó Grupo Correo Gallego) sexa a primeira canle privada de Galicia en dar o salto á Televisión Dixital Terrestre, adiantándose en máis dun ano ó apagamento analóxico.
Santiago de Compostela será a primeira demarcación galega en contar con TDT de ámbito local
Compartir Este Artigo

