Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tecnópole Emprende dá acubillo ó deseño dunha pulseira bluetooth para persoas xordas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Tecnópole Emprende dá acubillo ó deseño dunha pulseira bluetooth para persoas xordas

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/04/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

discapacitade_auditiva.jpgToda empresa xorde dunha idea e, decote, canto menos se asemelle esa idea a algo xa posto en marcha, mellor que mellor. Diso e doutras cousas trata, a fin de contas, a innovación. E diso tamén tratan tres proxectos xurdidos ó abeiro do programa de formación Tecnópole Emprende que arrinca este mércores 9 de abril e que vai encamiñado a converter en realidade (empresa) o que se orixina xeralmente como unha treboada de ideas entre mozos e mozas á procura dun futuro.
Estes tres proxectos presentados por outros tantos emprendedores son –sen dúbida- dos que melloran calquera titular informativo: unha iniciativa sobre o cultivo da oliveira en Galiza (Invatia Research), unha proposta para producir viño desalcolizado (Raisin D´Or) e un proxecto para crear unha pulseira bluetooth para persoas con discapacidade auditiva.
Todas as iniciativas (que acoden a Emprende con outras cinco empresas xa en marcha) participan a partir de mañá no dito programa da Tecnópole de Ourense, a través do que se lles achegará (entre outras cousas) formación personalizada para o a posta en marcha do seu plan de negocio amais dun niño de balde no viveiro do parque tecnolóxico durante os seus seis primeiros meses de vida dos proxectos.
Respecto á proposta para a creación dunha pulseira intelixente, proposta de I+D que das tres devanditas é a que máis preto nos toca tematicamente nesta web, cómpre dicir que empregará tecnoloxía bluetooth (sen fíos) para achegarlles ás persoas con discapacidade auditiva máis e mellor comunicación co seu contorno. “Dado que estas persoas teñen limitada a súa capacidade para a comunicación oral”, sinala a Tecnópole nun comunicado, “a pulseira, dotada de sistema de vibración e pantalla, está deseñada para establecer comunicación sen fíos con calquera outro dispositivo dotado con bluetooth”.
Neste intre estase a programar xa unha segunda fase de deseño para integrar na pulseira unha memoria que posibilite o transporte e a transferencia de arquivos, mesmo sonoros e audiovisuais, mediante a conectividade sen fíos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?