Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vinte colexios participan xa na Rede de Centros TIC de Galiza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Vinte colexios participan xa na Rede de Centros TIC de Galiza

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/04/2008
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

rede_centros_tic2.jpgA Consellería de Educación está a apoiar cunha serie de axudas a iniciativas encamiñadas a renovar o panorama formativo galego, en boa medida sustentadas no emprego útil e razoable das novas tecnoloxías da información. Para este curso en activo (o curso 2007-2008), o departamento que dirixe Laura Sánchez Piñón achegou equipamento e apoio a 10 proxectos innovadores, cifra á que cómpre engadir os outros 10 beneficiarios da convocatoria anterior. Podemos ver os proxectos vinculados ós seus centros educativos nun mapa en liña habilitado no sitio web de Educación.
O caso é que a participación neste programa de axudas (materiais e de asesoramento) posibilitoulles ós 20 colexios con cadanseu proxecto configurar a Rede de Centros TIC. Este tecido, que medra cada ano, xira arredor da innovación no eido formativo e serve como referente na Web para profesores, investigadores e alumnos que estean á procura de novas feituras para o proceso de aprendizaxe.
As axudas a estas 20 experiencias consistiron no fornecemento dun paquete multimedia integrado por un encerado dixital interactivo, un proxector e seis ordenadores portátiles, amais dun importe de 2.000 euros e asesoramento continuo para mellorar e potenciar o aproveitamento dos recursos informáticos e facilitar a súa incorporación á docencia.
Todos estes centros teñen acceso ao devandito espazo web propio de seu, o que lles permite facilitar a creación e organización de materiais e recursos educativos por medio das novas tecnoloxías. Ademais de todo isto, a Administración educativa está a divulgar as experiencias dos colexios seleccionados a través da Rede, publicando logo os materiais producidos vía o portal galego de contidos educativos.
A Rede de Centros TIC está neste intre integrada polos seguintes membros cos seus respectivos proxectos:
Curso 2007-2008
Educación Primaria
· CEIP de Palmeira (Ribeira).
· CEIP de Coirón-Dena (Meaño).
· CEIP de San Roque de Darbo (Cangas).
Educación Secundaria
· IES María Casares (Oleiros).
· IES Xulián Magariños (Negreira).
· IES Pino Manso (O Porriño).
· IES Portovello (Ourense).
· IES A Pinguela (Monforte).
· IES de Becerreá (Becerreá).
· IES Concepción Arenal (Ferrol).

Curso 2006-2007
Educación Primaria
· CEIP de Arzúa.
· CEIP de Redondela.
Educación Secundaria
· CPI de San Sadurniño.
· IES Ricardo Carballo Calero (Ferrol).
· IES Agra de Orzán (A Coruña).
· IES Lamas de Castelo (Carnota).
· IES Aquis Celenis (Caldas de Reis).
· IES de Celanova.
· IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo).
· IES Pazo da Mercé (As Neves).

Métodos de participación
As solicitudes para recibir as axudas da Consellería de Educación e pasar a formar parte da Rede de Centros TIC valóranse atendendo a criterios coma o carácter innovador e pedagóxico do proxecto e a súa integración no proxecto curricular do centro; a coherencia do proxecto coa proposta de organización e dotación de espazos e de aulas no proxecto educativo do centro; e o acceso en igualdade de condicións e o fomento de valores democráticos. Outro dos aspectos avaliados é a viabilidade do proxecto, tendo en conta o compromiso do profesorado coa formación no uso das TIC; a garantía de continuidade do proxecto; ou a experiencia previa na participación e desenvolvemento de proxectos de innovación ou formación e a experiencia en TICs do centro e os participantes.
Estas convocatorias recollen a política da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na promoción do acceso ás novas tecnoloxías e no apoio ao desenvolvemento docente, segundo sinala o propio departamento da Xunta. E todo iso, engade, “tendo en conta que a competencia dixital é clave para a aprendizaxe ao longo da vida, e que o uso das TICs con fins educativos abre novas dimensións e posibilidades nos procesos de ensino e aprendizaxe”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?