Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Creada unha plataforma de diálogo para a problemática das antenas de telefonía en Galiza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Telefonía

Creada unha plataforma de diálogo para a problemática das antenas de telefonía en Galiza

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/04/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

presidencia_acordo_telefonia.jpgPara o problema das antenas de telefonía cómpre máis diálogo. Este é o alicerce sobre o que semella descansar o acordo presentado este luns polo conselleiro de Presidencia, José Luís Méndez Romeu, e que ten como finalidade atopar un equilibrio entre dous extremos en apariencia pouco reconciliables: por unha banda, o que representa as empresas de telefonía móbil (que piden máis facilidades nos concellos para a instalación das antenas, ás que consideran vitais para achegar un bo servizo), e pola outra o dunha boa cantidade de asociacións de veciños e de concellos, que ante a ausencia dunha demostración definitiva da inocuidade para a saúde das ditas infraestruturas, sitúanse en contra delas.
O caso é que este precisamente, o de achegar un informe que certifique dunha vez por todas se as antenas achegan ou non riscos para a saúde dos veciños, constitúe outro dos grandes obxectivos do acordo.
O informe, que se fará en cooperación coa Consellería de Sanidade, tamén servirá para “deseñar procedementos comúns de outorgamento de licenzas que traten de legalizar as instalacións existentes e de garantir o futuro despregue das necesarias”, segundo apuntou esta mañá Méndez Romeu na presentación do grupo de traballo. Este estará constituído por operadores e a FEGAMP, e terá como observadores ó Valedor do Pobo e á Consellería de Presidencia. A posta en longo deste acordo tamén serviu para anunciar que se terán en conta en todo intre os requirimentos e as inquedanzas dos veciños (transmitidas en boa medida polo Valedor), pero que tamén se actuará para poñer fin ós casos de demora de instalacións de antenas en determinados concellos de Galicia, “nos que non se legaliza ningunha antena dende hai cinco, seis ou sete anos”.
Segundo explicou o conselleiro, a situación é complexa e non pode proseguir. “É necesario funcionar nun réxime de legalidade e, polo tanto, hai que ordenar o procedemento de concesión de licenzas porque é a garantía xurídica para todos: concellos, operadores e veciños”, salientou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Telefonía

WhatsApp facilitará a contratación de tarxetas eSIM de viaxe

27/11/2026
Telefonía

Galicia, á cabeza das comunidades que concentrarán maior número de emprazamentos 5G

17/11/2026
Telefonía

Telefónica deixará de ser a operadora obrigada a prestar o servizo universal de telecomunicacións

06/11/2026
Telefonía

R levará a 5G con Orange a lugares moi illados de Galicia

30/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?