Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Día Galego do Emprendedor terá como miolo as grandes posibilidades da Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O Día Galego do Emprendedor terá como miolo as grandes posibilidades da Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/04/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dia_galego_emprendedor.jpgNon é que todos os internautas sexan emprendedores, pero si que é certo que para ser o segundo, hai que ter un control e un coñecemento fondo (agora máis que nunca) dos segredos da Rede. O abano de pasos que se poden dar con ela é tan grande como nos poidamos imaxinar, e van dende o asentamento da primeira pedra do negocio ata a elaboración da axenda de actividades a medio e longo prazo. Polo medio, todo é desenvolvible na Internet: así de sinxelo. Tendo en conta isto, case era de supoñer que a terceira edición do Día Galego do Emprendedor (a celebrar en Santiago o 15 de maio) non só se apoiase na Internet senón que tamén a tivese presente no seu miolo. E así é.
A xornada, promovida polo Ministerio de Industria en todas as Comunidades Autónomas e impulsada en Galiza polo IGAPE e BIC Galicia, contará coa presenza de representantes do sector das novas tecnoloxías para falar polo miúdo das súas experiencias e abrir camiños aos que comezan (tal e como se pode ver no programa).
Alfons Cornellá, Roberto Moreda (Igalia), o blogueiro Juan Freire ou Juan Carlos Cubeiro (socio director de Eurotalent e un dos máis recoñecidos expertos en talento) son algúns dos convocados. Asemade, tamén está no programa o Proxecto de Next-Pedra (que vincula o sector do granito ó dixital) ou a Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL), para quen o feito de concorrer nunha xuntanza desta índole significa unha boa oportunidade de ofrecerlles ás mozas e mozos galegos interesantes vieiros de acceso á cultura emprendedora arredor do software libre.
Asemade, tamén se lle dará cabida á presentación de iniciativas de organización e cooperación empresarial en liña ou de proxectos de procura de financiamento para un negocio apoiado en código aberto, tal e como sinala mancomun.
As diferentes vías para o financiamento de proxectos emprendedores en xeral, ou un seminario achegado polo ICEX sobre como facer presupostos de plans de promoción no marco da internacionalización, son outras das propostas programadas.
Por outra banda, está programada tamén unha actividade de carácter lúdico da man do grupo teatral Mofa e Befa, que representará as principais dificultades que se atopan os emprendedores no camiño ata a creación da súa empresa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?