Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Finisterrae seguirá a disposición de grandes proxectos científicos internacionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

O Finisterrae seguirá a disposición de grandes proxectos científicos internacionais

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/05/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

finisterrae-2.jpgO supercomputador galego Finisterrae xa deixou definitivamente de ser noticia polo que representa (un dos equipos de computación máis completos do mundo) para estar nos medios polos seus froitos presentes e futuros: logo de preto de dous meses de actividade, xa axudou á resolución dun problema que ficaba en calexa sen saída (os puntos de Fekete, do que falamos nesta mesma web) e todo indica a que vai seguir na liña da cooperación científica e dos grandes retos a superar.
Isto vaise dar de portas para dentro (achegando recursos a investigadores galegos en maior ou menor medida vinculados ao Cesga, que é onde se acha o Finisterrae) e de portas para fóra (tendendo pontes con científicos de calquera recanto do mundo, tal e como se puxo de manifesto coa resolución dos puntos de Fekete, para a que se traballou con investigadores cataláns).
O caso é que o ordenador Finisterrae seguirá a disposición de proxectos de envergadura no eido internacional, tal e como informou Javier García Tobío, con independencia de que unha parte dos seus recursos estea polo de agora empregada por investigadores galegos e do CSIC.
A idea é poñer ó Finisterrae ó servizo do que se podería chamar “prioridade científica e social”. Ou sexa, de libre acceso para aquelas grandes iniciativas que conten cun especial interese para a ciencia. Estas, que terán o privilexio de non ficar en cola e que serán seleccionadas a través de dúas convocatorias anuais, contarán con catro millóns de horas de cómputo para cada doce meses, o que representa o 20% da capacidade do Finisterrae.
Sinalar que polo de agora o supercomputador está por debaixo do que sería un limiar mínimo de rendemento, o que ten a súa explicación se pensamos que como calquera máquina de envergadura precisa dun período de tempo de rodaxe (púxose en marcha hai pouco máis de un mes). Dito doutro xeito: non pode estar traballando polo de agora máis de cen horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?