
O produto que permitirá gravar vídeo coa PS3 venderáse a 99 euros e nun principio non incluirá protección DRM, polo que os vídeos se podería copiar logo en DVD ou a un ordenador persoal.
PlayTV permite gravar unha canle de televisión mentres vemos outra e tamén conta coa función de time shifting, pero a prestación que queda por confirmar é se poderá gravar mentres se xoga coa consola (o que parece difícil).
O PlayTV para PS3 chegará a Europa en setembro
Compartir Este Artigo

