
Con esta presentación a empresa galega dedicada aos desenvolvementos de solucións GPS orientadas a redes sociais puido achegar as súas creacións a Silicon Valley, sendo a única empresa española presente no evento.
Trala presentación podemos ver que a aplicación de Ipoki para Facebook xa está dispoñible, e amosa a posición do usuario en tempo real sobre mapas de Google nesta popular rede social na que se integra de xeito fluído, permitindo:

– Localizar a amigos e familiares en calquera lugar
– Comunicarse con outras persoas que comparten a súa localización
– Rastrexar en tempo real a calquera que conte cun dispositivo GPS
– Seguir a persoas en Google Maps e Google Earth
Toda unha chea de prestacións que agradecerán os máis de 8.000 usuarios rexistrados neste servizo que chega da Coruña a todo o mundo.
Ipoki estrea aplicación para Facebook
Compartir Este Artigo

