Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FEUGA e Infonomía achegan en Santiago claves para sermos empresarios actualizados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

FEUGA e Infonomía achegan en Santiago claves para sermos empresarios actualizados

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/05/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

update_2008.jpgA información despista. Ou mellor dito: a sobrecarga de información. Por exemplo: o Google xa hai tempo que deixou de ser unha ferramenta aconsellable se imos ir de viaxe e andamos a procurar aloxamento fiable, bo, barato e ben situado. Cos termos que temos máis a man e sen tempo posible para afondar nos resultados da procura, só nos moveremos nas webs máis comerciais, que son as que –que casualidade- figuran nos mellores postos da operación e xeralmente as menos fiables para acadar algo barato. Isto pasa con case toda a información. Esta enleada vén a conto para pór de manifesto a necesidade de ferramentas e recursos que ordenen o coñecemento e nolo sinteticen, que nos sirvan (tamén) para facer o que a falta de tempo e dispoñibilidade nos impide: acceder a máis e mellores ideas de valor. Este é un dos grandes obxectivos de Update 08 Galicia, un evento empresarial organizado por FEUGA e Infonomía o vindeiro xoves 29 de maio en Santiago.
O encontro en cuestión, que se desenvolve entre as 11.00 e as 13.00 horas na sede que a devandita fundación galega ten no Campus Sur, estase a presentar xa na Rede (vémolo en pdf) como unha “síntese dos artigos, libros, casos que non tiveches ocasión de ler e dos relatorios ós que non puideches asistir”. Este é, en definitiva e con outros termos, o fin do evento: dar ideas clave (10) para estar ó día no eido dos negocios e sen necesidade de perder mañás e seráns enteiros separando na Rede o gran (pouco) da palla (moita).
O encontro, que contará coa presenza de importantes especialistas en todo tipo de recursos de xestión do coñecemento (como Alfons Cornellá ou Antonella Broglia), vai dirixido sobre todo a directivos e profesionais galegos. O evento, amais de cun amplo historial de éxitos de participación (pois forma parte dun itinerario por diversos países) contará cunha boa listaxe de recursos multimedia para dar conta polo miúdo do máis innovador a día de hoxe en materia de tendencias nos negocios a nivel internacional.
O custo da inscrición na xornada é de 175 euros para non socios de FEUGA e de 150 para socios. Para máis información, cómpre pórse en contacto coa entidade a través da súa web ou do teléfono 981 534 180.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?