Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Profesionais da informática e dos negocios do rural galego víronse as faces na Estrada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Profesionais da informática e dos negocios do rural galego víronse as faces na Estrada

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/05/2008
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xornadas_agader-220x465.jpgPara un establecemento comercial calquera figurar en Internet é como ter a tempo completo unha liña telefónica aberta ao mundo. Ou unha xanela, ou unha ponte. E se cadra moito máis barata. Se isto dáse nos negocios situados nas cidades, pero as vantaxes son aínda máis grandes se pensamos nas empresas do rural. En certa maneira, poñer ao seu alcance a Rede é como turrar delas cara ao urbano, e sen necesidade de que muden de espazo físico e perdan a súa identidade. Este, e máis concretamente o emprego do comercio electrónico, foi o eixe sobre o que xiraron as V Xornadas de Emprendemento Rural, organizadas os días 28 e 29 no concello da Estrada, no hotel Summa.
A xuntanza, convocada por Agader, participou máis que nunca do gran obxectivo de calquera evento destes características: mover ao encontro e fomentar o intercambio de experiencias.
O esforzo neste senso de organizadores e participantes foi duplo: tratábase de facer un evento con feitura de Internet, minimizando o factor distancia e convertendo á Estrada nun foro 2.0. O encontro, ao que asistiron profesionais do ámbito rural e do eido informático procedentes de toda Galiza, serviu entre –outras cousas- para dar conta de proxectos e actividades e presentalos en sociedade. Como por exemplo:
· O portal granxafamiliar.com (na imaxe). Trátase dun proxecto (do que xa temos falado nesta mesma web) galego de inspiración irlandesa (polo que ten de traballar en mancomún dende o rural e tirando partido arreo da Internet) e no que participan unhas 30 explotacións familiares dos concellos de Antas de Ulla e Brión. Basicamente, a medida consiste en poñer ó alcance da man destas familias as vantaxes de xestión, promoción e distribución que achega Internet. Con este fin, cada granxa conta na dita web cun espazo para o seu uso, un microsite onde presentará os seus produtos concretos, ofrecendo servizos de información e a posibilidade de recibir visitas. Detrás do proxecto está a Fundación Feiraco (en labores de financiamento), o Grupo Gis-T-Idega e a Universidade de Santiago.
· Tourline Express, a empresa de mensaxeiría, afondou na súa visión das Necesidades loxísticas das tendas virtuais. É dicir: puxo de manifesto como o feito de apostar por facer negocio na Rede debe levar parello de xeito obrigado un bo servizo de distribución, e máis aínda se temos en conta que unha boa parte dos produtos comercializados son carretados en itinerarios non precisamente curtos: dende o rural á cidade, sobre todo. Juan Arrieta de Juan, director comercial da Zona Norte de Tourline, fixo fincapé na achega da súa empresa cara á dixitalización dos negocios galegos afastados dos espazos urbanos. A primeira parte do seu relatorio tratou sobre a complexidade da loxística de distribución, e a segunda sobre as solucións en concreto que a súa compañía (que ten prevista a apertura de 34 oficinas en toda España a engadir ás 334 existentes) achega neste tipo de negocios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?