Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red.es fai reconto do acadado con Internet na Aula e anuncia un congreso virtual sobre o programa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Red.es fai reconto do acadado con Internet na Aula e anuncia un congreso virtual sobre o programa

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/06/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

internet_aula_congreso.jpgO Ministerio de Industria –a través de Red.es– vén de facer reconto do acadado nos centros educativos de todo o Estado español en materia de achega de equipos, recursos e servizos vinculados á Sociedade da Información. Ou sexa, dos esforzos encamiñados a acadar que a mocidade poida situarse con soltura no lado dixital da fenda e que se materializan en boa medida no programa Internet na Aula. Entre os puntos máis salientables do informe sobre esta iniciativa en concreto atopamos datos directamente vinculados á nosa terra.
Por exemplo: sobre o orzamento destinado por Red.es e a Consellería de Educación da Xunta ó impulso das TIC nos centros educativos galegos entre 2005 e 2008, que foi de 20 millóns de euros. Asemade, tamén se achega información sobre o número de alumnos beneficiados ao longo do dito período por Internet na Aula (máis de 362.000) e de mestres (1.563).
Segundo informa Red.es, o programa –que se insire no Plan Avanza- incluíu na nosa terra a incorporación ás aulas de 5.522 ordenadores, 1.388 vídeo proxectores, 791 encerados dixitais e 963 computadores.
Sobre o Congreso Internet na Aula
Un dos puntos máis salientables do Plan Avanza do Ministerio de Industria (que ten un orzamento de 5.700 millóns de euros ata 2010, dos que xa foron destinados 2.737 ao longo dos seus dous primeiros anos de vixencia) é o programa Internet na Aula. Este está agora a piques de chegar a un intre decisivo no seu devir: a celebración dun congreso en liña no que poderán participar os profesores galegos e de todo o Estado e que constitúe o primeiro evento destas características (en liña) organizado polo Goberno central e o conxunto de todas as Administracións Educativas autonómicas españolas, incluída a Xunta. A xuntanza, que se desenvolve baixo o lema “aprende e ensina”, vai dirixido a achegar aos docentes á Sociedade da Información de xeito innovador, informándolles sobre as TIC con contidos e (tamén) coa propia canle dos contidos. Non en van, desenvólvese en dúas modalidades:
· Congreso virtual, a través de www.congresointernetenelaula.es, dende o 1 de abril ao 30 de outubro de 2008.
· Congreso presencial. Celebrarase de xeito simultáneo do 26 ao 28 de xuño de 2008 en Madrid, Barcelona, Granada e Santander.
Sinalar que os profesores galegos interesados en acudir ós ditos eventos deberán inscribirse na páxina web habilitada, sendo o 10 de xuño a data límite para facelo no presencial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?