Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O futuro da música dixital, a debate en dous encontros 2.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O futuro da música dixital, a debate en dous encontros 2.0

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/06/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

musica_dixital.jpgA música xa non é o que era. Mellor dito: o negocio da música. Quen queira seguir turrando de vellos modelos de negocio vinculados sobre todo aos primeiros tempos do CD (porque o vinilo era outra cousa, máis barato e accesible para os seareiros), onde se fixaron uns prezos (elevados) que logo resultaron máis inamovibles que os pelos de Songoku… quen queira seguir facendo iso e sen achegar nada novo, lévaa clara. Dito doutro xeito: vaise dar cun canto nos dentes perante as posibilidades de negocio que, vinculadas sobre todo á Rede, están a xurdir por todos os recantos.
Co obxectivo de afondar precisamente nesta maré de novos camiños (algúns aínda por transitar, e outros só tanteados), estanse a organizar por todo o Estado encontros e cursos do máis variado, pero cun eixo común: botar luz sobre o novo negocio da música. Niso se apoian dous eventos a desenvolver en breve.
Por unha banda, o Curso de Xestión Profesional sobre o Novo Negocio da Música organizado (do 18 ao 20 de xuño en Madrid) polos Seminarios da Música e o IDEC – Universitat Pompeu Fabra. Este curso, que é itinerante e que estivo en Compostela para agora desprazarse á Cámara de Madrid, inclúe un programa intensivo de 20 horas de formación da man dalgúns dos máis senlleiros representantes do sector (empresas como Sony BMG ou Yahoo! xa confirmaron a asistencia). Analizaranse temas como a revisión do modelo de negocio discográfico ou como tirar partido das plataformas dixitais.
Máis ao leste no eido xeográfico e uns días antes cá devandita actividade formativa (17 e 18 de xuño), o Institut Catalá de les Indústries Culturals organiza un encontro sobre as novas canles de transmisión que adopta a música na actualidade e que, na súa face máis innovadora vén catalogada nunha chea de foros como “música 2.0”. A cita será na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Barcelona e, máis polo miúdo, o seu obxectivo é establecer un marco que poida achegar un novo punto de vista sobre a comercialización de música en contornos dixitais en Catalunya e no resto do Estado.
Para este ano, a organización conta cunha serie de convidados de renome. Como por exemplo: Karen Pearson, especialista en podcasts da BCC1 ou Ger Leohard, un dos poucos profesionais que, a xuízo do comité promotor do evento, ten deixado atrás o tópico da fin da música para afondar nos medios dixitais, as súas ferramentas e empregos e máis presente e futuro dos mesmos. Asemade, virán Ryan Schreiber (director da revista dixital Pitchforkmedia), Sergi Jordà (investigador en informática dixital e creador de Reactable) ou Simon Wheeler (director da área dixital de Beggars Banquet).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?