A causa xudicial contra o administrador de Forocoches.com baixo a acusación dun delito de pornografía infantil despois de que unha das súas webs levase a unha páxina na que se facilitaba o acceso a contidos pederastas causou moita expectación na Rede ante a posibilidade da criminalización das ligazóns na web, pero finalmente a Audiencia de Palencia absolveu ao acusado por considerar que non é responsable de que terceiros establecesen ligazóns con imaxes ilícitas en webs alleas.
O caso en litixio comezou en 2005 ante a denuncia dun tarraconense que denunciou a localización de contidos de pornografía infantil.
Absolven ao administrador de Forocoches.com dun delito de pornografía infantil (por ligazóns nunha das súas webs)
Compartir Este Artigo
