
Este servizo tería un funcionamento idéntico ao das plataformas de libros baixo demanda, só que neste caso os PDF coas revistas deben contar con imaxes de alta resolución (para unha reprodución axeitada) e o resultado se imprime coa calidade dunha revista das que podemos atopar nos quioscos.
MagCloud é de balde para os editores das publicacións, quedando o servizo cunha parte dos beneficios da súa venda, e xestionando tanto a posibilidade da venda como as subscricións. O prezo das revistas é duns 20 centavos de dólar por páxina aos que habería que engadir os portes (1,4 dólares por exemplar ou 13 dólares por entre 10 e 100 exemplares).
Cando o servizo comece a estar oficialmente operativo poderiamos aseguran que quen sexa capaz de imprimir en PDF será capaz de ter a súa propia revista.
A impresión baixo demanda chegará ás revistas
Compartir Este Artigo
