O Tribunal Supremo declarou firme a sentenza que consideraba ilegal a facturación da meirande parte dos servizos que se ofrecían a través do prefixo 906 e obriga ás operadoras que prestaban eses servizos a devolver os importes das chamadas aos seus clientes segundo informou a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), asociación que denunciou os feitos de 2001 e que acadou a primeira sentenza condenatoria en 2004 (rematando agora o percorrido xudicial da causa).
A OCU lamenta a lentitude deste proceso, pois foi preciso o transcurso de 7 anos para que se declarasen ilegais os servizos ofrecidos a través de números 906 que en realidade deberían estar baixo o prefixo 903 (que é de acceso restrinxido, e é o que correspondería a contidos eróticos, de ciencias ocultas e outros).
O Supremo non aplica esta sentenza aos denunciantes, senón que calquera cliente que se vira prexudicado tamén poderá optar á devolución dos cartos cobrados indebidamente ou á restitución da liña telefónica por impago das cantidades reclamadas ilegalmente.
O Supremo ratifica a sentenza que declaraba a ilegalidade de moitos números 906
Compartir Este Artigo
