
A cola comezou a formarse o pasado venres, e non falta que pensa que este tipo de iniciativas están orquestradas dende Apple ou AT&T para dar a entender que hai unha grande expectación polo novo iPhone, pois hai que admitir que unha semana de cola para facerse cun dispositivo é moi esaxerado (especialmente no período estival, onde a xente atopa cousas moito máis produtivas paga ocupar o tempo de lecer).

Os rumores apuntan a que para facerse co iPhone 3G será preciso contratar plans de datos de 15 ou 25 euros así como plans de voz que irán entre os 9 e os 90 euros, polo que os prezos do terminal non serían moi relevantes (e poderían ser de 99 euros no modelo de 8 Gb e 199 euros no modelo de 16 Gb cos contratos máis económicos, reducíndose estas cantidades segundo o plan mensual seleccionado).
Para que os usuarios queiran ter máis detalles das funcións do novo móbil, e saiban tamén cómo utilizalo, dende Apple xa publicaron na súa web unha visita guiada en español polas principais funcións do terminal, de xeito que con ver eses 10 minutos de vídeo os usuarios xa poden coñecer bastante ben cómo tirar proveito do móbil de Apple.
Xa hai colas para facerse co novo iPhone 3G
Compartir Este Artigo
