Na actualidade, non só os CD´s de música ou DVD´s de películas taquilleiras son produtos que están no punto de mira dos principais falsificadores do mercado; o pasado 29 de xullo, a policía incautou preto de 10.000 discos virxes DVD e máis de 4.000 discos CD da marca Verbatim que se atopaban nun establecemento barcelonés.
Segundo vén de informar o Country Manager de Verbatim Iberia, Luis Fisas, “esta non é a primeira vez que a marca se ve afectada por este tipo de accións”, xa que “a falsificación das marcas de prestixio é unha actividade que afecta a tódolos sectores”.
Asemade, Fisas engadiu que “a falsificación é unha lacra para a economía que hai que combater con tódolos medios posibles” polo que Verbatim colabora cos diferentes corpos de seguridade facilitándolles asesoramento e formación para que poidan distinguir o produto falsificado do orixinal.
Xa pasaron dous anos dende que esta empresa transformou a imaxe dos seus produtos a nivel global incorporando un código de cores en toda a súa gama de discos para que os consumidores o tiveran máis doado á hora de escoller os seus produtos. Estes embalaxes de novo deseño comezaron a distribuirse en xaneiro de 2007, nembargantes, os produtos incautados da marca Verbatim imitaban a súa antiga imaxe, algo que facilitou o achazgo da mercadoría.
Verbatim recoméndalle aos seus clientes que, para facer as súas compras se dirixan directamente aos establecementos da canle tradicional de informática para obter así maiores garantías sobre as súas adquisicións.
Os discos virxes, tamén no punto de mira dos falsificadores
Compartir Este Artigo

