
O Premio pretende dar soporte a aqueles proxectos ou iniciativas que se afasten dos proxectos industriais xa consolidados na nosa comunidade e que precisen dun soporte tanto financeiro como científico ou estrutural, para axudarlles a acadar a súa consolidación definitiva. Complementariamente tamén quere dar a coñecer a existencia dunha Fundación con función científico-técnica á que se pode acudir para recibir axuda no desenvolvemento para calquera actividade relacionada coas novas tecnoloxías e a súa aplicación.
Os interesados en optar polo Premio deberán presentar antes do 3 de outubro unha breve historia da empresa e unha memoria explicativa do proxecto ou proxectos que se consideren merecedores do premio.
Convócase o Premio Gerardo García Campos 2008
Compartir Este Artigo
