
O informe indica que o esforzo realizado no pasado ano polo conxunto da sociedade galega permitiu que se superase o orzamento previsto inicialmente, ao acadar os 184,1 millóns de euros, o que supón un incremento dun 13,3% respecto do previsto para o 2008. O investimento acumulado desde o inicio do PEGSI, 2007-2008, acada unha cifra global de 347,6 millóns de euros, representando un 16% máis do previsto. Durante este período, puxéronse en marcha, no marco do PEGSI, 487 accións dentro de 26 liñas de actuación.
Entre os principais fitos deste segundo período de seguimento, o informe salienta o avance das infraestruturas de telecomunicacións, polo avance significativo con respecto a anos anteriores no despregamento dos servizos esenciais de banda larga e de televisión dixital terrestre (TDT), entre as que cabe resaltar a implantación de infraestruturas de acceso á banda larga en 32 polígonos industriais.
Tamén pon de relevo os resultados acadados pola Rede de Dinamización, que como activa ferramenta de inclusión permitiu máis de 19.000 persoas fixeran uso dos seus 70 puntos de acceso á sociedade da información espallados por toda Galicia
Recóllense ademais as actuacións máis importantes para a incorporación e fomento das TIC en todos os ámbitos da Administración pública, nun ano en que os centros de ensino galegos acadaron unha cota de 5 alumnos por ordenador.
Este segundo balanzo anual do PEGSI indica ademais algunhas das áreas nas que é preciso poñer máis énfase no futuro. En xeral, resulta conveniente impulsar aquelas iniciativas que favorezan a conversión da investigación en proxectos e solucións innovadoras. Cómpre mellorar tamén a interoperabilidade das diferentes plataformas tecnolóxicas da Xunta habilitando a compartición de información e coñecemento dos sistemas e procedementos baseados nas TIC.
Publican o segundo informe de seguiento do PEGSI
Compartir Este Artigo
