Benjamin J. Heckendon, o popular creador de modificacións de hardware como a transformación dunha Xbox 360 ou unha PlayStation 3 en equipos portátiles, sorprende agora transformando un clásico Commodore 64 nun portátil, o que foi toda unha obra de enxeñaría na que se combinou unha placa base do equipo orixinal, unha fonte de alimentación dunha Gamecube e un dispositivo para emular unha unidade de disco usando unha memoria SD, todo metido nunha carcasa na que se deu a mesma estética do histórico ordenador orixinal, que sería o ordenador máis vendido do mundo segundo o Libro Guinness dos Records, con 30 millóns de unidades.
Está claro que a utilidade deste equipo é nula (xa que un Commodore 64 pode emularse dende distinta consolas portátiles e ordenadores moito máis manexables) pero é preciso unha grande mestría para construír semellante trebello mantendo certa fidelidade coa estética do equipo orixinal.
Ben Heck converteu en portátil un Commodore 64
Compartir Este Artigo
