A compra de Skype por parte de eBay supuxo un freo para a aplicación de VoIP máis popular da Internet, e para permitir que desenvolva todo o seu potencial (pois non foron quen de aproveitar as sinerxías con eBay e PayPal) dende eBay anunciaron o inicio da operación de segregación de Skype da empresa matriz, que rematará na primeira metade de 2010.
Skype sairá ao mercado bolsista, pero agardarán a unha conxuntura axeitada para esta saída ao parqué. Cómpre sinalar que en 2008 Skype xerou uns ingresos de 551 millóns de dólares, e que hai pouco lanzou unha aplicación que permite o uso da súa plataforma dende o iPhone (estando dispoñible en breve tamén para terminais BlackBerry) polo que a compañía podería estar nun bo momento para a súa venda, xa que parece claro que ten moito potencial de crecemento.
Skype sairá á Bolsa nos vindeiros meses
Compartir Este Artigo
