Accedendo a un documento de PowerPoint dende GmailO servizo de correo electrónico de Google está a incorporar paulatinamente o soporte para a lectura de distintos tipos de ficheiros adxuntos sen ter que saír do navegador web a través de Google Docs, e os últimos formatos en incorporarse son as imaxes TIFF (moi habituais para fotografías de alta calidade ou nalgúns servizos de fax) e as presentacións do Microsoft PowerPoint, polo que cando recibimos unha presentación coa extensión PPT podemos xa non só vela como presentación, senón tamén acceder á mesma dun xeito máis detallado, que facilite funcións coma o zoom, a selección de texto, a impresión, a edición ou a descarga do documento, de xeito que equipos que non conten coa aplicación de presentacións de Microsoft instalada poderán acceder a parte das súas características dende os navegadores web máis habituais.