En Apple están de celebración porque a súa tenda de aplicacións para o iPhone e o iPod Touch vén de superar os 1.000 millóns de aplicacións descargadas nuns 9 meses, o que supón un éxito sen precedentes, aínda que cómpre detallar que suman tanto as aplicacións de pago como as que son de balde.
Na App Store hai actualmente preto de 35.000 aplicacións, entre as que destacan os xogos que en boa medida tiran proveito da pantalla táctil e do acelerómetro dos dispositivos de Apple, dando lugar a unha experiencia lúdica innovadora; aínda que entre as aplicacións máis populares estarían o Skype e o Yahoo! Messenger, ferramentas que contribúen á comunicación dos usuarios, e que son de balde.

A App Store de Apple supera os 1.000 millóns de descargas
Compartir Este Artigo
