A existencia dunha rede de ordenadores Mac infectados por un troiano e que están a utilizarse para lanzar ataques a distintas webs comeza a causar preocupación, polo que dende SecureMac xa publican unha ferramenta de balde que elimina este código malicioso dun equipo afectado pero, ¿cómo sabemos se é o noso caso?
Para facer tal é preciso acudir ao terminal de Mac OS X para teclear unha serie de comandos. Temos que comezar introducindo o seguinte:
sudo ps aux | grep -i iworkserv | grep -v “grep”
Se non pasa nada ao executar ese código, podemos estar tranquilos, xa que non estariamos afectados polo troiano, pero en caso contrario podemos executar a seguinte orde para comprobar se o troiano ten aberto algún ficheiro:
sudo lsof -i -P | grep -i iworkserv
E para atopar no disco dos ficheiro potencialmente infectados teriamos que teclear o seguinte:
sudo find / -iname “iworkserv*” -print
Explican cómo detectar se un Mac forma parte da rede de equipos infectada por un troiano
Compartir Este Artigo
