A Consellería de Economía e Industria organiza un ano máis a campaña +Internet +galego +futuro co gallo do Día Mundial da Internet, das Telecomunicacións e da Sociedade da Información que coincide co Día das Letras, estando xa activa a páxina web desta campaña na que hai información sobre Ramón Piñeiro, personaxe ao que se rende homenaxe o vindeiro 17 de maio e tamén se inclúe información sobre as actividades que terán lugar para difundir a nosa lingua e a Sociedade da Información, así coma novas relacionadas cos devanditos ámbitos.
Coma novidade, a web da campaña inclúe un sorteo a través do que se entregan cada día 7 memorias USB.

Iníciase a campaña +Internet +galego +futuro
Compartir Este Artigo
