
A investigación comezou a finais de 2008, e o seu operativo coordinou actuacións en Madrid, Sevilla, Valladolid, Málaga, Salamanca, Zamora, León, Girona e Santiago de Compostela, cun total de 8 persoas detidas, o que resulta tan sorprendente como en actuacións anteriores, xa que a venda de chips e cartuchos coma os mencionados non constitúe delito en España, pois os dispositivos en cuestión non están destinados exclusivamente á piratería, senón que tamén permiten outros usos como a execución de xogos importados, a reprodución multimedia ou a carga de software caseiro, e os precedentes xudiciais que coñecemos remataron en absolución ou sobresemento, dando a impresión de que este tipo de operacións constitúen máis unha campaña publicitaria que unha operación policial seria.
O material intervido sería o seguinte: – 13.568 cartuchos de diferentes marcas para videoconsola – 6.887 chips de diferentes marcas destinados ao pirateo de videoconsolas – 1.039 dispositivos de carga destinados á eliminación de barreiras das consolas para poder usar videoxogos non orixinais – 8.602 tapas de lector de apertura – 1.804 unidades de baterías – 12 videoconsolas modificadas de diferentes modelos e marcas – 97 adaptadores USB – 287 unidades de tarxetas de memoria falsificadas – 8 axustadores – 1 disco duro con arquivos para eliminar as barreiras de protección de videoconsolas – documentación
Desta relación, o único que parece realmente ilegal é o disco duro con arquivos para eliminar barreiras de protección, pois a posesión de cracks si pode ser considerado delito en España, mentres que o resto de dispositivos non deixan de parecer accesorios típicos que poden atoparse en boa parte das tendas de videoxogos de todo o Estado.
Importante operación contra a piratería de videoxogos
Compartir Este Artigo
