
Dende Radiocable detallan que serán as comunidades autónomas as que decidan se os equipos informáticos funcionarán con Windows ou, pola contra, optarán polo Linux coma sistema operativo.
Pero esta iniciativa ten tantas luces coma sombras, pois o proxecto Escuela 2.0 aínda non ten un orzamento estimado, deberá complementarse con formación para docentes e alumnos, conta cunha marxe de tempo moi reducida para a súa implantación, aínda non parece que existan contidos electrónicos adaptados (aínda que iniciaron conversas cos editores de libros de texto), non definiron o tipo de equipos cos que levaran o proxecto a cabo (aínda que parece que o Classmate PC sería o modelo elixido) e mesmo hai dúbidas sobre a necesidade da medida, pois non parece que a informática vaia servir como panacea do sistema educativo español.
Todo apunta a que o Goberno inspirouse no proxecto luso e.escolinha, polo que os equipos cos que contarían os estudantes españois serían moi semellantes aos Magalhães que distribúen en Portugal a prezos de entre 0 e 50 euros segundo a capacidade económica da familia do alumno, aínda que Zapatero non concretou se habería que facer algún tipo de pagamento polo equipos que se distribúan en España.
Zapatero prometeu ordenadores portátiles para os estudantes de 5º de primaria
Compartir Este Artigo
