O anuncio do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, de que de cara ao Xacobeo 2010 podería facerse o Camiño de Santiago a través do Google, levou a algúns a pensar de que podería ser un caso de aplicación da tecnoloxía Google Street View que recolle fotografías de 360 graos polas rúas das cidades e a sitúa no mapa permitindo camiñar a pé de rúa, aínda que o feito de que boa parte do Camiño non poida percorrerse en coche fixo que algún dubidade desta posibilidade, o que parece que non sería un problema se atendemos a unhas fotografías publicadas en Gizmodo e cedidas polo seu lector Jason Whitney, quen captou coa súa cámara o que sería un triciclo de Google, que contaría con xenerador e 8 cámaras para poder capturar as imaxes envolventes para Google Street View, aínda que supomos que o usuario que mova o vehículo coas súas pedaladas estará nunha boa forma física, xa que o triciclo non parece ser lixeiro.
Dende Gizmodo pensan que a única utilidade que podería ter o curioso triciclo sería o de capturar imaxes de lugares ao que no pode acceder un coche, o que nos fixo pensar directamente nas rutas do Camiño. ¿Veremos este curioso invento circulando por Galicia?
ACTUALIZACIÓN (18-5-2009): PC World publica novas imaxes do que oficialmente xa se coñece coma Google Trike.
