Pete Waterman declaraba sentirse «explotado por Google» tras cobrar só 11 libras esterlinas de dereitos de autor polos preto de 20 millóns de reproducións do vídeo musical dun tema composto por el (o Never Gonna Give You Up de Rick Astley) e ese parecer o compartirían moitos compositores norteamericanos que agrupados en ASCAP levaron a xuízo a Google pedindo 12 millóns de dólares pola súa música reproducida en YouTube entre 2005 e finais de 2008 (aos que engadirían 7 millóns de dólares polas reproducións de 2009), cantidades que dende Google estimaban que debían ser de 79.500 dólares polas reproducións ata 2008 e 20.000 correspondentes ao trimestre en curso. O tribunal rexeitou ambas posturas e determinou que YouTube deberá pagar 1,6 millóns de dólares por royalties pendentes aos compositores estadounidenses, aos que deberían engadir 70.000 dólares/mes de agora en diante.
Ordenan a YouTube a pagar 1,6 millóns de dólares aos compositores estadounidenses en concepto de dereitos de autor
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- A Xunta pon en marcha a décimo quinta edición de Tecnólog@ por un día para achegar as profesións dixitais ao alumnado galego
- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia forma en protección de datos a persoas empregadas públicas nun Curso Superior na EGAP
- A Xunta explica o seu modelo de transformación dixital a unha delegación de expertos de Arxentina, Panamá, Uruguai e Guatemala
- Preto do 70% das empresas tecnolóxicas galegas emprega a intelixencia artificial ou incorpóraa aos seus produtos e servizos
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter