
A causa é especialmente rechamante por distintos motivos: – os denunciantes utilizaron a vía civil tras os numerosos fracasos no intento de criminalizar o P2P pola vía penal – a acusación pide 13 millóns de dólares por unha violación da propiedade intelectual e por competencia desleal (non xulgándose a tecnoloxía en si mesma) – o informe que estima os danos e prexuízos causados polo software de Soto xeran moita controversia, por asegurarse que métodos moi dubidosos que o 90% das descargas coas ferramentas xulgadas corresponden a arquivos protexidos, mentres confunden contidos dispoñibles con ficheiros descargados – Pablo Soto asegurou á prensa que non se sinte «o heroe das descargas ilegais»
Agora só queda agardar para coñecer a primeira sentencia deste caso que xa alcuman coma o Napster español
Rematan as vistas do caso contra Pablo Soto
Compartir Este Artigo
