Un estudo elaborado por un grupo de investigadores de Cambridge denuncia o «ataque das fotos zombie», en referencia a que moitas das plataformas de redes sociais na Internet conservan nos seus servidores as imaxes subidas polos seus usuarios incluso despois do seu borrado, o que non respectaría a vontade dos usuarios.
Para o experimento, cargaron 16 fotografías en webs coma Facebook, MySpace, Flickr, Blogger, Hi5, Windows Live Spaces, Orkut ou LiveJournal, as eliminaron gardando o enderezo co que se deron de alta, e un mes despois comprobaron que en 5 dos 16 casos de proba as imaxes permanecían accesibles, o que consideran que non respecta a intimidade dos usuarios.
Os servizos que manterían as imaxes zombie máis destacables serían Facebook, Hi5 e MySpace, e nos outros casos o tempo entre a supresión por parte do usuario e o borrado definitivo tamén é bastante variable, o que debería mellorarse, pois o borrado de imaxes en algún caso pode corresponder á eliminación das mesmas para non ofender a unha persoa en concreto, o feito de que a imaxe non se borre (ou tarde 14 días en facelo) podería supor un prexuízo importante para o afectado.
Denuncian que servizos coa Facebook ou MySpace manteñen visibles as imaxes borradas polos seus usuarios
Compartir Este Artigo
