O fundador de Microsoft, Bill Gates, visitou hoxe a Moncloa para manter unha xuntanza co presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, para falar sobre as iniciativas de loita contra a malaria da Fundación Bill e Melinda Gates, o que serviu para arrincarlle a Gates un comentario sobre a iniciativa española de dotar de ordenadores portátiles aos estudantes de primaria, o que ao seu xuízo é «á larga, un bo investimento».
Gates lembrou o éxito do proxecto piloto desenvolvido en Aliño (Aragón) coa colaboración de Microsoft, así coma o feito de que a Internet tamén pode mellorar a formación dos cativos, incorporando múltiples vantaxes que cada vez son máis accesibles dada a baixada de prezos dos ordenadores nos últimos anos.
Bill Gates pensa que achegar ordenadores aos estudantes de primaria será «un bo investimento»
Compartir Este Artigo
