A nova de que a tradución do Gmail ao galego estaba completa chegou aos medios en varias ocasións durante os últimos anos, pero continuamos sen ver a interface do correo electrónico de Google na nosa lingua, algo que ata hai pouco tamén pasaba co éuscaro, que levaba uns 3 anos coa tradución completada pero sen aplicar, e finalmente incorporouse a Gmail, de xeito que os vascos poden configurar coma lingua por defecto o Euskara, o que polo momento aínda non se espallou a Google Docs e outros servizos web de Google que posiblemente aparezan traducidos en breve.
Agardemos que pronto o galego estea tamén dispoñible en Gmail, coma tamén o están o español, o catalán e o éuscaro, pois non esquezamos que a nosa lingua xa está dispoñible no servizo de tradución automática de Google.
Gmail xa está dispoñible en éuscaro
Compartir Este Artigo
