Durante a xornada do Google I/O os preto de 4.000 asistentes puideron ver as novidades que achegará a versión 2.0 do sistema operativo Android, á vez que tamén recibiron de balde un terminal HTC Magic libre (cando tal terminal aínda non está dispoñible para o público nos EE.UU., mentres que en España o comercializa Vodafone), o que resultou bastante sorprendente, pero tendo en conta que a xente de Google está a apostar tan forte polo seu sistema operativo móbil parece bastante lóxico que busque achegar amigos que faciliten a competición do iPhone, que está a monopolizar a atención mediática e de moitos desenvolvedores, o que complica a aparición de competidores de peso (que nesta caso é máis unha plataforma que un móbil, xa que no vindeiro ano agárdase o lanzamento duns 18 móbiles con Android).
Pero pese a todas as grandes características de Android coma o seu sistema de busca (que afecta aos contactos, o calendario, a música e algunha outra aplicación), función de texto-a-voz (TTS), integración de Google Voice Search… o que parece estar a captar máis atención e a versión de Spotify para Android, pois é bastante completa, permitindo a sincronización offline ao teléfono de listaxes de reprodución creadas na versión de escritorio de Spotify (que poderán escoitarse incluso cando se careza de conexión á Internet), as listaxes de reprodución fan uso de sincronización push e a busca no catálogo de Spotify é case instantánea.
Demostración do cliente de Spotify para Android
Google presenta novidades para Android
Compartir Este Artigo
