En xaneiro a revista de videoxogos norteamericana EGM deixou os quioscos, no que foi o principal expoñente desta crise que está a levar ao peche de moitas publicacións do sector (que en España quedou evidente en revistas coma EDGE, Superjuegos Extreme e Ngamer), pero podería non ser o último capítulo desta historia, pois o fundador da revista, Steve Harris, anunciou que vén de adquirir os dereitos de publicación e as marcas de EGM para retomar a cabeceira na segunda metade do ano baixo o seu nome orixinal: Electronic Gaming Monthly.
A revista é todo un referente do sector, cunha historia que abarca dúas décadas, polo que o feito de que poida continuar fóra do amparo de Ziff Davis Media Inc. é unha boa nova para os entusiastas dos videoxogos, pero quedará por ver se Steve Harris é quen de darlle o pulo que precisa á cabeceira para manterse no mercado a longo prazo nun momento no que as publicacións impresas están a vivir unha crise de modelo de negocio.
A revista de videoxogos EGM rexurdirá das súas cinzas nos EE.UU.
Compartir Este Artigo
