Microsoft finalmente anunciou a data de lanzamento oficial de Windows 7, sistema operativo que sucederá a Windows Vista, e polo que finalmente non haberá que agardar ata primeiros de 2010, senón que sairá á venda para o público xeral o 22 de outubro, despois de toda unha serie de versións de proba públicas que amosaron ao mundo un adianto do que será Windows 7, e que polo momento promete unha experiencia de usuario superior a Windows Vista, e incluso un rendemento magnífico que dá a impresión de que combinan nunha única plataforma as vantaxes de Windows XP e Vista.
O lanzamento de Windows Vista foi un tanto accidentado, creando malestar entre moitos usuarios que non estaban conformes co seu rendemento e co seu nivel de compatibilidade de hardware e software, de xeito que Microsoft tivo que ofrecer especialmente a clientes corporativos a posibilidade de conservar Windows XP, o que pretenden corrixir con Windows 7 (aínda que conservarán durante un tempo a posibilidade de instalar XP ou Vista, pesando en contornos empresariais nos que a substitución dun sistema operativo non é algo que se poida determinar equipo a equipo).
Windows 7 sairá á venda o 22 de outubro
Compartir Este Artigo
