O agardado Nokia N97, novo terminal telefónico de referencia de Nokia, chegará en breve ás tendas tras medio ano de espera dende o seu anuncio, pero finalmente ningunha operadora terá a exclusiva da súa comercialización en España, de xeito que tanto Movistar coma Vodafone venderán o móbil, aínda que con condicións de contratación diferentes e adiantándose Telefónica un par de semanas a Vodafone na achega do terminal.
O vindeiro 18 de xuño será cando o Nokia N97 chegue a España da man de Movistar, a prezos que parten dos 0 euros (cun consumo mínimo de 90 euros de voz e 25 euros de datos), aínda que por 149 euros tamén podería mercarse cun consumo mínimo de 40 euros e unha tarifa de datos de 15 euros (e mesmo a través do programa de puntos). Supomos que a compañía contará cunha completa táboa de prezos para facerse co terminal con distintos tipos de compromiso de consumo, polo que a política de comercialización implantada co iPhone parece imporse nos terminais de alta gama.
Vodafone, pola súa banda, non traerá o terminal ata o 1 de xullo, aínda que neste o Nokia N97 poderase comprar cun contrato de voz cun consumo mínimo de 9 euros/mes e unha tarifa plana de datos a só 12 euros/mes, aínda que non se coñece polo momento os prezos aos que venderá o terminal, de aí que resulte complicado saber cal das dúas operadoras o comercializará de xeito máis competitivo.
Tanto Movistar como Vodafone venderán o Nokia N97 en España
Compartir Este Artigo
