Continuando coa innovación nas buscas, a xente dos Google Labs vén de abrir ao público Google Squared, un novo servizo que permite agrupar resultados de busca nunha especie de folla de cálculo, ou sexa, nunha cuadrícula na que podemos engadir e eliminar elementos e logo gardar os resultados.
Estes resultados tamén permiten a personalización das súas columnas, de xeito que pode ser moi interesante á hora de realizar comparativas de produtos, xa que o sistema permite a personalización das columnas presentadas en pantalla, o que indica a potencia deste sistema na catalogación de información heteroxénea para axudar a ordenar os datos que existen na Internet.
Os usuarios rexistrados poden gardar cuadrículas creadas e combinalas con outros buscas, para así construír relacións de elementos moi completas, aínda que polo momento estamos a falar dun produto en probas que debe mellorar para adaptarse ás necesidades dos usuarios, que serán os que definan se este servizo é de utilidade para eles. 
Vídeo de presentación de Google Squared |
