Recoñecer a personaxes famosos coma músicos, actores ou políticos nas redes sociais baseadas na Internet é unha tarefa complexa, pois resulta difícil saber se estamos a ler información publicada polo propio artistas, por un equipo de comunicación, por un fan ou por algún suplantador a mala fe, de aí que o humorista José Mota decidise emprender medidas legais contra a persoa que en Facebook aparecía identificada coma «José Mota» e que parecía facerse pasar polo actor e mesmo remitía aos seus seguidores a unha páxina web que contén publicidade.
Mota recorrerá á vía penal (por medio do bufete Garrigues) amparándose no artigo 401 do Código Penal, que establece que unha suplantación do estado civil será castigado cunha pena de cadea de 6 meses a 3 anos, o que non parece que sexa algo evidente, e a simple vista parece difícil de xustificar (pois precisaría dunha interpretación moi aberta do que é o estado civil), e non parece que a vía penal sexa o xeito máis atinado para actuar, especialmente porque na actualidade a conta de usuario denunciada non está activa e dende a web Risa Tonta aseguran que nunha foi a súa intención suplantar a identidade de José Mota en Facebook, e pídenlle perdón, polo que é posible que todo remate de xeito amigable.
José Mota toma medias contra o seu suplantador en Facebook
Compartir Este Artigo
