Medios estranxeiros como La Repubblica deron conta da información publicada por El PaísEsta mañá o diario El País publicaba na súa edición impresa unhas fotografías inéditas e polémicas de Silvio Berlusconi que estaban vetadas para os medios italianos e que amosaban ao político e empresario italiano nunha desinhibida festa na mansión Villa Certosa, pero na Internet tiraron un proveito moi especial desta exclusiva mundial, e publicaron tal información tamén con texto traducido ao inglés e ao italiano, o que valeulle unha repercusión internacional sen precedentes, con medios de todo o mundo ligando a nova de El País e facendo que por primeira vez no medio as visitas do estranxeiro superasen ao tráfico español. Dende El País aseguran que o conxunto de contidos relacionados coa exclusiva superaban os 4,5 millóns de visitas ás 17:00 horas e os 7 millóns no día completo, destacando tamén o feito de que as redes sociais contribuíron a este éxito, xa que detectaron que o tráfico orixinado en Facebook multiplicárase por 10 nas últimas horas. Este tipo de informacións demostran o potencial da Internet á hora de acadar unha importante repercusión mediática internacional.